Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 6:54 a 7:00 y de 7:50 a 8:00 con las desconexiones de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana en Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana en Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

Comedia, drama e teatro clásico, nas ‘XXVIII Noites teatrais de Vilamarín’

A Deputación de Ourense presentou este certame, un dos máis importantes de Galicia no ámbito das artes escénicas no verán.

Comedia, drama e teatro clásico serán os xéneros protagonistas nas ‘Noites teatrais de Vilamarín’, un dos certames máis importantes no ámbito das artes escénicas de Galicia, que este ano chega á súa 28 edición. Organizadas polo Concello de Vilamarín e coa colaboración da Deputación de Ourense "as Noites teatrais son unha referencia fixa e notable no calendario teatral do verán en Galicia", destacou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen estivo acompañado no acto de presentación polo alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Marina Rodríguez.

Rosendo Fernández afirmou que este proxecto "é froito da colaboración entre institucións públicas e privadas, e supón unha excelente maneira de espallar a cultura pola nosa provincia, algo no que a Deputación está e estará sempre, pois iniciativas como esta contribúen ao desenvolvemento social e cultural dos nosos concellos".

Amador Vázquez agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e da Xunta, así como de Mariluz Villar e de Luis Rodríguez Míguez, "quen durante quince anos impulsaron as Noites Teatrais e foron quen de darlle o pulo para convertelas no gran certame que hoxe son". O alcalde lembrou que cada ano preto de dúas mil persoas pasan polos espectáculos que ofrecen as Noites, "un público que chega de diferentes lugares de Galicia e que atopa en Vilamarín unha oferta cultural atractiva para o lecer e o goce das artes escénicas".

Pola súa banda, Anxo Lorenzo recoñeceu o esforzo que ao longo destes 28 anos leva facendo Amador Vázquez e todo o equipo que fai posible as Noites Teatrais, "un evento que este ano conxuga o teatro profesional co afeccionado, algo que é moi de salientar, como tamén o feito de que este evento poña en valor o labor que fan as persoas que traballan no ámbito da escena en Galicia, tanto actores, como directores, dramaturgos e técnicos".

O programa desta edición das Noites Teatrais, segundo explicou Marina Rodríguez, desenvolverase entre os días 14 e 17 de xullo, ás 22:30 horas, ofrecéndolle ao público no Auditorio municipal de Vilamarín dúas comedias: ‘A louca historia de Galicia’, que pon en escena o día 15 de xullo a compañía Fulano, Mengano e Citano; e ‘Chévere’, o 17 de xullo, a cargo de ‘As fillas bravas’, compañía gañadora do Premio Nacional de Teatro en 2014. O programa complétase o día 14 con "III", drama baseado no texto ‘Ricardo III’ de William Shakespeare e representado pola Aula de Teatro Universitario de Ourense "Maricastaña"; e o 16 de xullo coa obra de teatro clásico ‘Cyrano’, a cargo de Teatro Galileo.

Temas

En esRadio

    0
    comentarios