Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 6:54 a 7:00 y de 7:50 a 8:00 con las desconexiones de los servicios informativos que dirige y presenta Maite Garrido y Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 14:00 Es la Mañana en Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

Feiraco leva aos fogares galegos ‘o mellor de Filgueira Valverde’

A cooperativa agrogandeira galega lanza, no marco das súas accións de responsabilidade social, unha edición especial de envases de leite.

0

Feiraco celebrará este ano, como xa é tradicional, o Día das Letras Galegas cunha edición especial dos seus cartóns de leite que introducirá a figura de Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado nesta ocasión, en "tódolos fogares". Deste xeito, Feiraco súmase á ampla programación conmemorativa das Letras Galegas 2015 cunha iniciativa especial que, baixo o lema ‘Sempre coas Letras Galegas’ levará aos fogares galegos ‘O mellor de Filgueira Valverde’ e animará á cidadanía a participar na celebración do 17 de maio por medio da IV edición do seu certame de microrrelatos na rede social Facebook. Faino, desta volta, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da man da Fundación Filgueira Valverde.

O Museo de Pontevedra acolleu a presentación da iniciativa na provincia, nun acto no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente de Feiraco, José Montes Pérez; e a deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

García Gómez destacou "a aposta decidida de Feiraco coa lingua e coa cultura propias, unha aposta nacida da responsabilidade e do compromiso social con Galicia que hoxe lles serve de exemplo a todas aquelas empresas ou entidades que desde o ámbito económico decidan sumarse á promoción do uso do idioma como un activo empresarial e un valor engadido".

Durante a súa intervención o presidente de Feiraco aludiu a que a cooperativa ven colaborando desde fai xa varios anos coa Consellería de Cultura para facer do Día das Letras Galegas un referente de todos os galegos. Comprometida con Galicia, a lingua galega é a lingua nai da cooperativa, a que os socios de Feiraco aprenderon dos seus pais e legaron aos seus fillos. E así se reflicte tanto no lema escollido para conmemorar esta data ‘Sempre coas letras galegas’ como no lema que identifica a cooperativa "alimentando un xeito de ser", reflexo da súa forma de ser e do seu compromiso coas institucións e as letras galegas.

Pola súa banda, a deputada provincial recordou que "a Deputación e en especial este Museo están levando a cabo un completo programa en torno á filgura do que foi durante moitos anos director deste Museo. Nel inclúense ademais da fantástica exposición que podemos ver nunha das salas de exposicións temporais deste Sexto Edificio, a exposición itinerante que organizada coa Xunta de Galicia, levaremos a varios concellos da provincia. Pero hai máis, porque Filgueira era un home completo que coidou e cultivou diversos aspectos da cultura galega. Música, teatro, visitas guiadas… e actuacións como a que acollemos hoxe, co obxectivo de unir o nome de Filgueira Valverde á nosa cultura, o noso traballo, as nosas industrias e a nosa xente".

Tamén participaron no acto o presidente da Fundación Filgueira Valverde, Fernando Filgueira Iglesias; o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé Martínez González; e o académico da lingua galega Xesús Ferro Ruibal.

Feiraco, ‘Sempre coas Letras Galegas’

Feiraco súmase con esta campaña á programación institucional das Letras Galegas 2015 promovida pola Xunta de Galicia mediante dúas iniciativas que levarán ‘O mellor de Filgueira Valverde’ aos fogares galegos nun envase especial conmemorativo, ilustrado cunha caricatura de Filgueira Valverde cedida pola Fundación Filgueira Valverde, nunha edición especial dun millón de envases de leite. O código QR incluído nos cartóns permitirá descargar en formato dixital o artigo "O galego verdadeiro" (pertencente á obra II Adral).

Parellamente, un certame de microrrelatos en galego no Facebook convidará os internautas desta rede social a festexar o 17 de maio poñendo en valor a lingua galega. Poderán tomar parte del desde calquera punto de España os autores noveis maiores de 18 anos que presenten un texto orixinal e inédito de, como máximo, 500 caracteres. Os catro microrrelatos máis votados gañarán cadansúa colección da Enciclopedia Galega Universal e os tres seguintes, cadanseu lote especial Letras Galegas de Feiraco composto por produtos alimentarios e culturais.

Promover a lingua propia desde a responsabilidade social

Feiraco constitúe desde a súa fundación, hai xa 45 anos, un exemplo de compromiso empresarial, tanto nos seus valores e métodos de traballo dirixidos á vertebración do tecido social e do desenvolvemento económico, como noutras actividades con proxección social que a cooperativa agrogandeira leva posto en marcha ao longo a da súa historia. Exemplos da súa aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional son as campañas implementadas coincidindo coa celebración de efemérides anuais como poden ser as Letras Galegas, o entroido ou as postas en marcha en colaboración co ámbito educativo para achegarlles a realidade dos procesos produtivos a escolares de toda Galicia, no marco das súas accións de responsabilidade social.

En esRadio

    0
    comentarios

    Servicios