Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 6:54 a 7:00 y de 7:50 a 8:00 con las desconexiones de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana en Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana en Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

A II Carreira Camiño das Letras celebrase en Santiago este sábado

Lingüística e Cultura poñen en marcha este evento para celebrar as Letras Galegas e poñer en valor o Camiño de Santiago a través do deporte.

O vindeiro sábado celebrase a II Carreira Camiño das Letras, posta en marcha por Xurdir, en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta proba quere unir a conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago coa práctica do deporte, por iso todos os participantes que rematen a carreira recibirán como premio un libro e un diploma do Camiño das Letras. A proba deportiva celebrase este sábado, día 16, ás 17:30 horas na capital de Galicia, na véspera do día grande das Letras Galegas.

Cun percorrido de 8 quilómetros pola ruta xacobea desde A Lavacolla ata o Monte do Gozo, a carreira, organizada por Xurdir, combina o simbolismo do Camiño de Santiago e mais o seu atractivo cultural e turístico coa conmemoración do Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega lle dedica ao polígrafo e humanista pontevedrés Xosé F. Filgueira Valverde.

O evento desportivo dérono a coñecer esta mañá Anxo Lorenzo e Valentín García, nunha rolda de prensa que acolleu a Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, acompañados por Jorge Touriño, membro do equipo organizador da carreira; Pedro Nimo, atleta santiagués e campión de España de maratón; Roberto Vilar, presentador e padriño do evento; e Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.

Festexar a lingua e a cultura galegas desde o deporte

O responsable de Política Lingüística explicou que un dos obxectivos da carreira "é incidir na promoción do uso do galego no deporte por medio dun evento no que participa especialmente a xente nova e no que queremos implicar tamén este ano á xente miúda, por medio das tres novas categorías que se inclúen como novidade". "O deporte é un ámbito asociado a valores moi positivos que cómpre trasladar ao ámbito da lingua, como son o compañeirismo ou o espírito de superación", rematou García Gómez.

Pola súa parte, o secretario xeral de Cultura destacou o interese de que na iniciativa dialoguen diferentes vertentes, como son "a literaria, a patrimonial e mais deportiva", co obxectivo de favorecer a participación da cidadania na conmemoración das Letras Galegas, así como na difusión da nosa literatura e dos nosos escritores e escritoras.

II Carreira Camiño das Letras

A II Carreira Camiño das Letras terá lugar en Santiago o sábado 16 de maio, ás 17:30 horas. Para amosar a relevancia da nosa literatura e plasmar a importancia do Camiño de Santiago como unión entre os pobos e como mostra de sacrificio individual, faráselle entrega a cada participante dun libro e dun diploma Camiño das Letras.

Ademais, os tres primeiros clasificados da proba absoluta e de cada unha das categorías recibirán un trofeo e un lote de libros. Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros e todos os participantes das categorías pitufo, benxamín e prebenxamín (as tres, incluídas como novidade desta segunda edición), recibirán un libro adaptado á súa idade. O centro escolar e o club cuxo maior número de alumnado remate a proba recibirán tamén un trofeo e un lote de libros.

Roberto Vilar, padriño da carreira

A II Carreira Camiño das Letras, que forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, está apadriñada polo actor e presentador Roberto Vilar, que será o encargado de dar a saída na categoría absoluta, ademais de facer entrega dalgúns dos premios ao remataren as distintas probas.

A carreira constará dunha proba absoluta, de 8 quilómetros, que sairá ás 17:30 horas desde a estrada nacional 634 sen tránsito pegada ao aeroporto da Lavacolla ata o Monte do Gozo. Doutra parte, as categorías de menores (pitufo, benxamín-prebenxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) realizarán as probas nun circuíto no Monte do Gozo a partir das 18:50 horas.

Inscrición
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa cultural e deportiva poden inscribirse en www.carreirasgalegas.com ata o vindeiro 13 de maio ás 23:59 horas. A inscrición será gratuíta para as categorías de menores (pitufos, prebenxamín-benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).

Actividades para conmemorar as Letras Galegas

Durante este ano, no que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio a Xosé F. Filgueira Valverde, as Letras Galegas e as iniciativas de difusión da vida e da obra dese autor pontevedrés teñen un destacado protagonismo na axenda cultural de Galicia. Para apoiar o coñecemento e valoración social do polígrafo e da súa obra, a Consellería deseñou un amplo programa de actuacións, en colaboración con diferentes institucións, coa intención de lle outorgarlle á celebración un carácter transversal que implique o conxunto da sociedade.

Entre estas actividades destacan as exposicións ‘Xosé F. Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’, que acollen xa o Museo de Pontevedra e a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, e que chegarán a outros 21 puntos de Galicia ata finais de ano da man da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación de Pontevedra.

Temas

En esRadio

    0
    comentarios