Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 7:50 a 8:00 con la desconexión de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana de Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana de Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

Seis concellos da comarca do Salnés adhírense ao programa de compostaxe doméstica de Sogama

Trátase de Vilanova de Arousa, O Grove, Ribadumia, Meis, Meaño e Sanxenxo.

Seis municipios da comarca do Salnés (Vilanova de Arousa, O Grove, Ribadumia, Meis, Meaño e Sanxenxo) adheríronse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama co obxectivo de alcanzar os beneficios ambientáis, económicos e sociais derivados do mesmo.

Desta forma, un total de 220 composteiros, na súa maioría xa subministrados pola empresa pública, serán repartidos polos entes locais noutras tantas vivendas que pasarán a formar parte activa da iniciativa.

Beneficios

Desde a dimensión ambiental, as familias participantes, que en todo caso deben dispoñer de xardín ou horta, poden fabricar o seu propio compost a partir da materia orgánica xerada, que utilizarán posteriormente como enmenda nutritiva nos seus cultivos, substituíndo aos fertilizantes químicos.

Estamos así ante un abono ecolóxico, cento por cento natural e que, polo xeral, cumpre cos requisitos esixidos pola lei.

Ademais de todo isto, e dado que os restos orgánicos representan, na composición global do lixo, en torno a un 40 por cento, con esta iniciativa conséguese reducir a cantidade de refugallos depositados pola cidadanía nos contedores verdes convencionais, o que posibilita que o importe da factura a pagar a Sogama polos seus servizos se vexa diminuído.

Ademais, tense comprobado que con este programa mellora de forma significativa o proceso de recollida selectiva, posibilitando que os entes locais perciban ingresos por parte dos Sistemas Integrados de Xestión, como é o caso de Ecoembes, encargado da xestión dos envases lixeiros a introducir no contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e de papel/cartón (azul), e Ecovidrio, que xestiona a reciclaxe dos envases de vidro (iglú verde).

Tamén contribúe a minorar a frecuencia de recollida e transporte dos desperdicios, o que se traduce en menores emisións de CO2 á atmosfera.

Desde a perspectiva social, é preciso sinalar que a experiencia permite recuperar unha práctica tradicional no rural galego, como é a clasificación do residuo orgánico para a fabricación de compost ou alimento do gando, polo que non supón esforzo adicional para as familias, posibilitando que estas minoren os desprazamentos aos contedores, xa que a reciclaxe da fracción orgánica ten lugar nos propios fogares.

En todo caso, o proceso modernízase e faise máis cómodo coa dotación de composteiros, uns recipientes con capacidade para 340 litros e fabricados con materiais reciclados, que Sogama pon a disposición dos concellos, permitindo desta forma que o traballo a levar a cabo polos veciños sexa máis hixiénico e controlable.

‘Modus operandi’

A implantación desta iniciativa nos distintos municipios debe seguir en todo caso un protocolo de actuación deseñado previamente por Sogama e que se inicia coa adscrición formal do concello, seguindo coa selección das vivendas participantes, a impartición dun curso de formación, o reparto dos recipientes, a dotación de material divulgativo e o seguimento do programa por parte de cada ente local, cuxos representantes visitarán casa por casa para comprobar a técnica, corrixir prácticas erróneas e solventar posibles dúbidas.

Con este esquema de actuación, a alta calidade do compost obtido está garantida, cumprindo coas esixencias recollidas na normativa vixente na materia e, polo tanto, podendo ser aplicado a nivel agrícola sen restricións.

En esRadio

    0
    comentarios

    Servicios

    • Radarbot
    • Libro
    • Curso
    • Alta Rentabilidad