Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 6:54 a 7:00 y de 7:50 a 8:00 con las desconexiones de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana en Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana en Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

Constituido o Comité de cooperación Deputación e Consello de Ourense

Único das súas características en España que ten como obxectivo dinamizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia.

O Pazo Provincial acolleu a reunión constitutiva do Comité de cooperación permanente Deputación-Concello de Ourense, órgano único das súas características no que atinxe á colaboración interinstitucional en España e que ten como obxectivo dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia, "nesta nova etapa de diálogo e colaboración na que se abre unha nova dimensión política onde a cooperación debe ser máxima polo ben da cidadanía ourensá", afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao remate da reunión.

Acompañado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, á saída da xuntanza o presidente da Deputación explicou que nesta estratexia de cooperación cos concellos da provincia a capitalidade ten un peso específico "e por iso o comité de cooperación reunirase aló menos unha vez ao mes para facer seguimento das políticas que imos poñer en marcha de maneira conxunta".

Na reunión de hoxe participaron por parte da Deputación de Ourense o presidente Manuel Baltar, o vicepresidente 2º, Jorge Pumar; a deputada Consuelo Vispo; o vicesecretario, Juan Marquina e a técnica Eva Reza. Por parte do Concello de Ourense asistiron o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro José Araujo, e as técnicas Ángeles Cantón e Marta Míguez.

Manuel Baltar dixo que a base "é compartir toda a información e ter unha cooperación máxima e absoluta dispoñibilidade das dúas institucións, e na axenda de colaboración entran cuestións que xa estamos a realizar como é a mellora dos accesos as contornas termais e moitos outros asuntos relacionados con infraestruturas, temas sociais, de medio ambiente, deporte, cultura, sostibilidade e fondos europeos". O presidente provincial amosou a súa "máxima satisfacción" polo comezo desta nova andaina de colaboración "que non ten límites", e agradeceu a presenza do alcalde de Ourense no Pazo Provincial nesta primeira xuntanza. Baltar detallou como exemplo que en temas culturais o comité estudará a posta en marcha dunha axenda cultural tanto para coordinar os eventos como os espazos e centros de ámbalas dúas institucións.

Manuel Baltar salientou tamén que no Plan provincial de obras que aproba a Deputación anualmente e que destina cada ano un orzamento similar para cada concello con independencia da súa poboación, "por primeira vez na historia o dito plan incluirá tamén ao Concello de Ourense para que poida realizar a obra, o proxecto ou a infraestrutura que nos plantexe".

Estratexia de desenvolvemento

Esta cooperación -en opinión de Manuel Baltar- terá especial incidencia nas cuestións que afectan á estratexia de desenvolvemento urbano sostible da Deputación, unha visión estratéxica de provincia coa vista posta nos fondos comunitarios para que teñan en conta os catro grandes proxectos nos que estamos a traballar: o Plan "Ourense, a provincia termal"; da creación da primeira Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente en España; do Plan de Cometitividade para as Pemes da provincia, cunha especial vocación cara á internacionalización das que teñen presenza nos mercados internacionais, e o proxecto de "Provincia Intelixente" e Administración Electrónica que ten en conta as novas canles de comunicación cidadá e que lle da o protagnismo que merece aos cidadáns da capital e da provincia de Ourense.

Pola súa banda, Jesús Vázquez destacou o "efecto sinérxico" desta canle de colaboración "porque as dúas institucións nos necesitamos e estamos aquí para dar servizo aos cidadáns. É positivo que as administracións nos acostumemos a traballar en conxunto para compartir espazos, iniciativas e proxectos".

Temas

En esRadio

    0
    comentarios