Florencio de Arboiro e Manuel Baltar deseñan o futuro Museo da Roda de Afiar
A Deputación de Ourense colabora no proxecto Cine de Verán coa proxección en 15 concellos da película ‘A última viaxe do afiador’.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao escultor Florencio de Arboiro con quen analizou o que será o futuro Museo da Roda de Afiar, proxecto incluído no Plan 15-19 da Deputación que ámbolos dous están a deseñar. O museo terá a súa ubicación na cidade de Ourense, coa finalidade de ofrecer a máxima accesibilidade para estudantes e público en xeral. O presidente do goberno provincial e o escultor falaron dun referente que pode servir de modelo como é o Museo da Cuchillería, de Albacete, "pois o obxectivo é facer un museo interactivo relacionado cos afiadores e todo o que leva consigo esta figura dende o punto de vista etnográfico, cultural e social para a provincia de Ourense", afirma Manuel Baltar, quen engade que se está a traballar tamén "nunha unha unidade didáctica para amosar a historia dos afiadores e a súa xerga propia: o Barallete".
Nesta mesma liña, o presidente provincial destacou que a película documental de Aitor Rei ‘A última viaxe do afiador’ "terá un papel protagonista na promoción da figura do afiador", e por iso a Deputación de Ourense colabora coa realización dun ciclo de cine de verán que proxectará entre os meses de xullo e setembro o filme en 15 concellos da provincia de Ourense, en concreto en Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, A Teixeira, Esgos, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, A Peroxa e Baños de Molgas.
Pola súa banda, Florencio de Arboiro agradeceulle ao presidente provincial a sensibilidade que amosa a Deputación de Ourense coa defensa e difusión das tradicións ourensás, e sinaladamente sobre o ámbito do afiador dixo que mantendo a súa memoria "tamén mantemos a memoria do noso pobo e conservamos as tradicións das nosas xentes".
Lo más popular
-
El sobre de Aldama guarda cupos de PDVSA de 250 millones de dólares para financiar la Internacional de Pedro Sánchez -
Vídeo: Begoña Gómez, cazada: sigue ocultando capital -
La UCO sospecha que el dimitido presidente de RENFE conocía las citas de Industria en el caso Hidrocarburos -
Decae el polémico decreto antidesahucios tras 5 años legalizando la inquiokupación: "Estoy con lágrimas en los ojos" -
Begoña Gómez usa una feria local para el negocio de la España Vaciada pactado con Ribera
Ver los comentarios Ocultar los comentarios