A Estación de Manzaneda analiza novos proxectos e a xestión económica
Por parte da Deputación de Ourense, que entra no accionariado cun 28%, participou na xuntanza o presidente provincial, Manuel Baltar.
O Consello de Administración da Estación de Manzaneda reuniuse en Santiago para analizar a xestión económica da sociedade e os proxectos que se van levar a cabo na estación de montaña. Por parte da Deputación de Ourense, que se incorpora á sociedade co 28% das accións, participou na xuntanza o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar. Precisamente, a institución provincial volve ao accionariado dando cumprimento a un acordo plenario unánime, trala iniciativa do presidente do goberno provincial presentada no Debate sobre o Estado da Provincia.
Na reunión procedeuse ao nomeamento dos novos conselleiros e dos auditores para os exercicios 2015, 2016 e 2017, e deuse conta do informe de situación "Estación de invierno Manzaneda, S.A." e abordáronse temas referidos ao funcionamento e xestión das instalacións.
Manuel Baltar asinou hai semanas o ingreso da Deputación no accionariado da estación de montaña, converténdose o ente provincial no segundo accionista da empresa por detrás da Xunta de Galicia. Baltar afirma que a Deputación "fai que se visualice unha aposta contundente por vertebrar o territorio nunha zona na que especialmente temos que favorecer o seu desenvolvemento como é a contorna de Manzaneda, Trives e Chandrexa de Queixa".
Segundo o presidente, "a Deputación volve ao accionariado da estación de montaña de Galicia, logo da recuperación da facenda provincial, para estar novamente presente nos órganos de xestión de Meisa". O accionariado queda constituído pola Xunta de Galicia, 34% das accións; Deputación de Ourense, 28%; Oca Hoteis, 23,6%; e os concellos de Trives e Manzaneda, que se reparten a partes iguais o 14,4% das accións restantes.
"Temos a intención de aprobar aqueles proxectos que redunden nesa idea de polo turístico singular, iniciativas entre as que figura a instalación de canóns de innivación". "Para a Deputación de Ourense -engade Manuel Baltar- a estación de Manzaneda é un tema clave porque estamos a falar de auga e termalismo como desenvolvemento provincial, ao que se une a tempada de inverno onde tamén temos auga convertida en neve. En definitiva, auga, pedra, natureza, paisaxe, sendeirismo, deporte e medio ambiente, é dicir, Manzaneda conta con todo o que debe diferenciar a Ourense doutros territorios en canto á oferta turística".
Lo más popular
-
El sobre de Aldama guarda cupos de PDVSA de 250 millones de dólares para financiar la Internacional de Pedro Sánchez -
Vídeo: Begoña Gómez, cazada: sigue ocultando capital -
La UCO sospecha que el dimitido presidente de RENFE conocía las citas de Industria en el caso Hidrocarburos -
Decae el polémico decreto antidesahucios tras 5 años legalizando la inquiokupación: "Estoy con lágrimas en los ojos" -
Begoña Gómez usa una feria local para el negocio de la España Vaciada pactado con Ribera
Ver los comentarios Ocultar los comentarios