Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 7:50 a 8:00 con la desconexión de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana de Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana de Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

Expertos de 5 países explican as vantaxes medioambientais das enerxías renovables

Ó redor de 150 profesionais asistiron en Expourense a IX Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

O "autoconsumo enerxético" nos edificios marcou a IX Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que se celebrou en Expourense. Expertos de cinco países (Alemaña, Holanda, Suecia, Suíza e España) presentaron ante máis de 150 profesionais as claves para construir edificios de consumo case cero (Nearly Zero Energy Buildings, NZEB). Trátase de construcións que son capaces de producir eles mesmos a enerxía que consomen (a través de paneis solares, xeotermia, entre outras), o que trae consigo vantaxes non só ambientais senón tamén económicas e sociais. Estes son os edificios que cumprirán a normativa europea que determina que no ano 2020 deberán autoabastecerse enerxeticamente. Na actualidade, a construción deste tipo de edificios sostibles converteuse xa un símbolo de innovación e de responsabilidade social.

Organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación geotérmica (INGEO) esta xornada conta co patrocinio do Igape. Foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, quen destacou que "a eficiencia enerxética é unha redución do gasto constante no tempo que mellorará o noso posicionamento económico, a competitividade da nosa economía e o abaratamento dos custos de produción de todo aquilo que se faga na nosa comunidade, sen esquecer que tamén supón un aforro para o consumidor final". A presenza no recinto feiral de investigadores pioneiros a nivel internacional no eido das renovables foi aproveitada polos asistentes para solventar dúbidas ou pedir consello.

Tecnolóxia da xeometría

A xeotermia foi a protagonista da ponencia de José Acuña, enxeñeiro investigador do KTH Royal Institute of Technology of Sweden (Suecia) que presentou a evolución tecnolóxica da xeotermia no mercado sueco, país líder en Europa tanto no número de instalacións deste tipo (máis de medio millón de instalacións térmicas só en Estocolmo) como en potencia térmica e cantidade de enerxía entregada ó ano. Acuña é o autor dun método novedoso de medición da resposta térmica do subsolo empregando fibra de vidro que o ten convertido nun referente internacional que colabora cos grandes centros de investigación de Europa, Estados Unidos e Xapón.

O director do Departamento de Servizos Ambientais de Arcadis, o holandés Marcel Hendricks, fixo un percorrido por edificios sostibles con sistemas de intercambio xeotérmico e que aproveitan os recursos naturais para producir enerxía presentando casos de éxito en Europa e nos Estados Unidos. Arcadis é unha das empresas de maior prestixio a nivel mundial en enxeñaría que deseña sistemas de alta eficiencia enerxética.

Pola súa parte, José Fernández Seara, catedrático do Departamento de Termodinámica e Ciclos de Compresión da Universidade de Vigo, impartiu unha ponencia sobre o uso da bomba de calor xeotérmica como fonte de enerxía renovable. Está especializado no desenvolvemento de equipas de frío (motor dun refrixerador ou dun sistema de climatización, por exemplo) e os principais fabricantes internacionais destes equipos confían nel para testar os seus produtos antes de saír ó mercado. Durante a súa conferencia, Fernández Seara falou da bomba de calor como "tecnoloxía clave" entre cuxas características salientou o uso de enerxías renovables, xeotérmica e aerotérmica, a redución de consumo de combustibles fósiles e das emisións de CO2, unha eficiencia superior aos sistemas tradicionais, o aforro en custes de consumo enerxético e a fiabilidade do sistema.

O presidente-fundador de Spain Green Building Council®, Aurelio Ramírez, presentou a ‘Certificación LEED’, unha guía de deseño que permite construír edificios de "excelencia enerxética eficiente". Ofreceu exemplos de instalacións en LEED, de microxeneración con Renovables e da súa contribución á certificación en edificios.

Novas tendencias

O experto técnico en instalacións do Departamento de formación internacional da empresa de Alemaña Stiebel Eltron GMBH & CO. KG., Alexander Klein, presentou as novas tendencias en instalacións con enerxías renovables no marco dos edificios de consumo case cero e falou do emprego de depósitos intelixentes multienerxía con estratificación.

O investigador de Suíza, Carlos Álvarez, abordou o tema do aillamento nos edificios e da súa repercusión no consumo e na factura enerxética presentando os parámetros empregado no Standar Minergie Suizo, a certificación neste país para construír edificios sostibles e que é unha adaptación nacional do sistema alemán ‘Passive Hauss’ baseado nas casas de madeira dos Alpes.

O catedrático de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Vigo, Luis Ortiz, pechou a xornada cunha conferencia sobre o Control de Calidade de biocombustibles sólidos na que presentou os resultados de dous proxectos europeos, Domoheat e Ashmelt, desenvolvidos polo seu grupo de investigación AF04, e falou sobre o seguemento e control de calidade de biocombustibles de orixe biomásico, como son as estelas, pellets e briquetas.

Esta actividade incluíu a presentación das novas liñas de actuación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que foron expostas polo xefe da Área de Renovables desta entidade, Joaquín López. Por outro lado, a Axencia Galega de Innovación, GAIN, presentou neste foto as liñas de apoio á innovación en Enerxías Renovables en Galicia que correu a cargo da directora da Área de Centros de GAIN, Sonia Pazos.

A vindeira cita en Expourene será xa a vindeira semana coa celebración da X edición de Nortrans, Salón do Transporte e a Loxística.

Temas

En esRadio

    0
    comentarios

    Servicios

    • Radarbot
    • Biblia Ilustrada
    • Libro
    • Curso