Menú

Galicia

La información de Galicia comienza de lunes a viernes con el repaso a las noticias más destacadas en horario de 6:54 a 7:00 y de 7:50 a 8:00 con las desconexiones de los servicios informativos. Mas tarde de 13:35 a 14:00 al termino de Es la Mañana en Galicia, informativo regional con lo sucedido en Galicia en las ultimas horas, dirige y presenta Sandra Fares.

De lunes a viernes, de 12:06 a 13:30 Es la Mañana en Galicia. Los contenidos del programa son muy variados, dando especial importancia a las noticias más destacadas de Galicia, con entrevistas de actualidad e información. Además, el magacín cuenta con destacados tertulianos que analizan y debaten sobre temas de interés para los gallegos de la mano de Ignacio Balboa. Los espacios de gastronomía, salud, belleza, nutrición, turismo, ocio, entretenimiento, los temas sociales y la participación de especialistas en medicina, derecho o del mundo de la cultura nos invitan cada día a escuchar una radio que informa y entretiene. Dirige y presenta Maite Garrido.

Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

 

 

Delegación regional esRadio Galicia

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: redaccion@esradiogalicia.fm

Teléfono: +34 981 56 40 88
Correo electrónico: publicidad@esradiogalicia.fm

130 docentes estudan a figura de Filgueira na I Xornada do Día das Letras Galegas

Organizada pola Consellería de Cultura e Educación sirven para estudiar e transmitir o legado do autor homenaxeado este 17 de maio.

Un total de 130 docentes participaron na I Xornada do Día das Letras Galegas organizado pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia sobre a figura homenaxeada este 17 de maio, Xosé Filgueira Valverde, e que incluiron conferencias, mesas redondas e comunicacións de experiencias. Na apertura do encontro, que tivo lugar na Cidade da Cultura, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, fixo unha invitación ó profesorado a profundizar no coñecemento do polígrafo pontevedrés para "poder transmitirlle ó alumnado a importancia da súa obra a favor da lingua e a cultura de Galicia".

O secretario xeral fixo referencia á cita filgueiriana que ilustraba o programa da actividade ao indicar que "os rapaces e rapazas galegos deben ver que lles propoñemos como exemplo a seguir homes e mulleres que aspiraban a poñer a súa vida e a súa obra ao servizo de Galicia".

Ademáis de García Gómez, acompañaron o secretario xeral na mesa de apertura da xornada Xoán Carlos Rodríguez Pérez, asesor docente do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI); Xulia Marqués Valea, coordinadora central dos equipos de dinamización da lingua galega, e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega (RAG).

Intenso programa de traballo

A intervención do secretario xeral foi seguida pola conferencia ‘Ciencia e conciencia na vida e na obra de Filgueira Valverde’, que correu a cargo do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Seguidamente, tivo lugar unha mesa redonda en que participaron os profesores e investigadores do Centro de Investigación Ramón Piñeiro (CIRP) José Luís Cochón -co relatorio ‘Don Xosé como educador antes e despois’- e Luís Alonso Girgado -que falou sobre "Filgueira Valverde e a prensa’-; o académico da RAG e investigador do CIRP Xesús Ferro Ruibal -cuxa intervención levou o título ‘Filgueira Valverde: pensamento e acción’- e o mestre do CEIP O Piñeiriño Germán Torres de Aboal, que se ocupou da ‘Precocidade de Filgueira no eido das letras’.

Mesa redonda

Ástrid Filgueira Álvarez -profesora e colaboradora da Fundación Filgueira Valverde- impartiu o relatorio ‘A Fundación Filgueira no século XXI: comezamos na rede’, que foi seguido polas intervencións do profesorado no Concurso-Exposición Letras Galegas 2015, tanto na modalidade de infantil e primaria como na de secundaria, formación profesional, bacharelato e ensinanzas especiais. Pola primeira das modalidades, presentará o material ‘Traballando co vello profesor’, do CEP Salustiano Rey Eiras, a profesora María del Carmen Dios Fernández e, pola de secundaria, dará a coñecer o material titulado ‘Filgueira Rima con Armenteira’ o director da EPAPU Río Lérez Carlos Manuel Medina Filgueira.

A seguir, os docentes Francisco Guitián Valeiro (CEIP Galán); Susana Lamela Pérez (CEIP Nosa Señora dos Remedios), xunto con Ana María Mariño Álvarez (CFR de Vigo); Aurora Gay Méndez (CEIP A Ponte); Concepción Arias Neira (CEIP Plurilingüe A Magdalena); Germán Torres de Aboal (CEIP O Piñeiriño); Ivana García e Rosa Barreiro (ambas do CRA Nosa Señora do Faro) e Gerardo Rodríguez Ramos (IES Espiñeira) presentarán diversos recursos didácticos elaborados este ano en diferentes centros educativos para divulgar entre o alumnado a obra de Filgueira Valverde.

Programación das Letras Galegas

A I Xornada do Día das Letras Galegas. Xosé Filgueira Valverde, é promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional no marco da programación que a Xunta de Galicia destina a conmemorar o 17 de maio e a difundir a vida e a obra do autor homenaxeado en tal data.

Unha programación que inclúe exposicións, xincanas, audiovisuais, edicións conmemorativas e outras moitas iniciativas que poden consultarse nos webs www.lingua.gal e www.cultura.gal.

Temas

En esRadio

    0
    comentarios